Contacto | Agréganos a tus favoritos | Haznos tu página de inicio
Nombre:

Contraseña:


Regístrate
Recordar contraseña
- Inicio
- Foros de discusión
- Publica tu obra
- Leer obras
- Definiciones
- Didáctica
- Narrativa
- Poesía
- Teatro
Encuestas Gratis

O significado do poder

Autor/a: paul
Estadísticas Resumen
Fecha de publicación: 14/08/2009
Leído: 212 veces
Comentarios (0)
Valoracion de la obra: 8,5

Lourenzo Cordido , un axente da policia especializado en temas de bioterrorismo cunha ampla traxectoria é enviado en busca dun famoso traficante a unha remota aldea de galicia. Pero o que se atopará alí sera moi diferente do que atopara ata agora. A posibilidade de controlar as mentes de quen desexe poden convertir a alguen no maior pesadelo que poderia vivir a humanidade.

                          

 

            Ao redor do castelo aquela noite todo parecía ter pactado un xuramento de silencio. Nin as polas das árbores, nin as milenarias pedras que foran testemuñas de centos de épicas historias ao longo da súa traxectoria vital, nin os pequenos animais movéndose entre os currunchos da herba, lograban facer o máis mínimo son que impactase co monódico  bruído do vento aquela noite. Mentres,  os malos pensamentos , o odio, e a cobiza residían no interior daquela magna construción.

           

            Ramón Mendes, o “presumible gobernador” da zona e actual dono do castelo atopábase esa noite naquela sala redonda esperando un agoiro que lle fixese saltar a outro mundo, buscar novas sensacións causadas pola ansia de poder. Era un home moreno, de moi baixa estatura e que vestía coa roupa distinguida dos señores da súa clase na Idade Media. Resistíase a vestir algo máis axeitado á  época contemporánea, pois así de paso esas roupas facíanlle impor respecto entre os seus vasalos. Na sala redonda , cinco home máis estaban agardando impacientes a intervención de Mendes. Todos levaban unha gran túnica que lles cubría  o corpo enteiro. Ramón ergueuse da súa cadeira  e deu uns largos pasos por toda a sala. Desexaba dicirlles a todos o que ocorrera  naqueles fulgurantes días e o que aínda estaba por suceder . A ansia de poder non o abandonaba nin un só instante , ansia que só era freada polo seu desprezo máximo cara toda a humanidade. Levantouse e dixo que lle gustaba esa  noite fría ... fría e apta para os seus plans. A cantidade de incoherencias que soltaba fixeron escandalizar a todos os presentes , que empezaban a ter un agoiro de que o vello entrara na loucura:

 

-Compañeiros , reuninvos hoxe aquí para falarvos dos plans que á fin van a salvarnos das garras dos poderosos, dos máis déspotas e ambiciosos. Hoxe, por fin o mundo verá nacer un novo poder  que condenará o existente ata agora e dotará dunha nova dimensión aos nosos plans. O meu amigo, o Doutor Churchill e o seu equipo secreto nun hospital de Houston acaban de desenrolar o parasito  definitivo, un chupa- esencias que manexa o seu hóspede...  a forma de controlar as mentes de tódolos humanos, e xa o están poñendo  en práctica aquí , nas aldeas nos pobos dos que eu son “gobernador” .

 

            Tódolos asistentes proferiron que o señor Mendes estaba tolo e manifestaron o seu desexo de non saber nada dos seus plans. Os seus homes de confianza mirárono de esguello e marcharon  do castelo deixando ao señor Mendes pensativo durante uns instantes. Daquela pensou en chamar aos seus compatriotas. Dende Rusia , ata na propia  Asturias os xefes e gobernadores de sociedades secretas coma el máis influentes , eles tiñan os seus propios vasalos, como el eses cinco que o acababan de abandonar. Iso faría. Chamaría aos cinco poderosos  máis influentes do mundo , cos que acordara desenvolver ese plan, para que o fixeran todos xuntos dende Galicia. Mendes asomouse cara a ventá e inspirou o inmenso aire do rural naquel clima tan húmido. Dirixiuse cara ao armario da sala e agarrou unha xeringa de grandes proporcións. Achegouse ao balcón  e cravouse a agulla da xeringa , mentres dicía :

 

                    Como resistirse a este incrible poder ¡

 

            A noite seguinte volvera caer fulgurante naquela rexión galega, especialmente para o axente Lourenzo Cordido  Castro que andaba pensativo por aquel camiño empedrado próximo ao castelo. Arrastrando os seus áxiles, pero xa desmarcados pes, cavilaba sobre como fora o seu día. Xiraba a cabeza cara a aldea que acababa de deixar atrás e entón a súa mente dirixíase cara esa odisea. Chegara á aldea aquela mesma mañá acompañado de tres policías nacionais. A súa animadversión contra calquera tipo de policía, honorable corpo ao que pertencera durante moito tempo era xustificada. Non é que fora expulsado nin nada polo estilo , simplemente un caso de sorte fixo que fora contratado como un axente de seguridade especial. Sempre sentira que a policía nunca o quixera de verdade entre as súas filas e por iso agora estaba destinado a misións de alto risco en solitario. O certo é que saíra con vida de moitas situacións , e podería facelo nesta. ¿Sobrevivir? O poder que sobre el poderían exercer era algo que nese momento descoñecía , e tal vez a vida e a morte eran conceptos que pasaran á historia.

            O coche de policía estacionou á fronte dunha costa moi empinada. Os tres policías  repartíranse un raio de seguridade que cada un debería explorar , mentres bromeaban con Lorenzo

 

                    Ti es o superhome. Adiántate

 

            Lorenzo comezou a camiñar en solitario o máis rapidamente que puido, aquela vez tiña moito interese por completar o seu traballo. A súa misión consistía en atopar a un famoso traficante de armas que podería estar na zona, Lois Martín. Poucos días antes o Ministerio de Xustiza recibiu unha chamada anónima que advertía da súa presenza na zona e de que “algo terrible ía ocorrer” .  Eles xa recibiran denuncias sobre   estraños sucesos naquela zona por parte dos aldeáns  pero que non deron resultado. Tal vez isto o explicara todo.  Lorenzo participara anos atrás cando unha infección vírica se  propagara na illa francesa de RockMouth propiedade da farmacéutica Scanvalle a causa dunha serie de empregados corruptos  coñecido coo o “Equipo G” causando unha centea de mortos por infección tóxica .  Debido á súa experiencia nestes temas fora enviado a esta misión, pois o traficante de armas fora o que lle subministrou armamento pesado ao Equipo G, para un intento de ataque terrorista que planeaban facer  , pero que foi frustrado polo propio axente Lorenzo Cordido e o seu escuadrón. Interviñeron  no  intercambio diñeiro- armas , os membros do Equipo G foron detidos pero Lois Martín fuxiu ferindo cun disparo no ombreiro  de gravidade a Lorenzo... Martín non traballaba para calquera, e de seguro que se el estaba alí algo grave ía ocorrer.

 

            No seu camiño,  o protagonista chegou ata unha zona onde divisaba varias casopas pequenas e medio abandonadas. Decidiu entrar na máis próxima , lentamente foise desprazando ata que se levou un gran susto. Un home estaba tirado no chan... Lorenzo creeu conveniente achegarse a auxilialo , cando de súpeto lanzou un xemido , unha  espuma verde empezou a saírlle da boca , e a súa cara volveuse amarela xusto antes de caer morto.  Exactamente igual que os infectados da illa RockMouth. Xa estaba totalmente convencido da presenza de  Lois Martín alí, cando de súpeto apareceu tras del outro home coas mesmas circunstancias. Lorenzo detívose a esperar o inminente final pero isto non ocorreu. Este home parecía comportarse dunha forma totalmente distinta. Caiñaba moi lentamente dicindo “obedezo, obedezo.” A cara era igual que o resto dos infectados que vira pero estaba claro que posuía unha versión mellorada do virus que non o mataba... simplemente ... ¿camiñaba?. Lorenzo saíu apresuradamente da casa, pero fóra atopouse cunha serie de individuos aos que escoitaba dicir ao unísono cunha voz ronca e desfeita “ El ten o poder, obedezo... el ten o poder”. O axente non sabía se fuxir ou protexerse , pero entón, no medio dun lapso , dunha nube intermitente decidiuse a preguntar...

 

-¿Quen ? ¿Quen ten o poder?                       

-Señor manda , el ten o poder

-¿Quen é el?

-O señor Ramón Mendes, dono das terras. Él pensa por nós , el ordena

Entón outro dos aldeáns  que se atopaba máis lonxe achegouse cara eles. Tiña un dispositivo azul incrustado na cabeza e parecía comunicarse co señor que daba ordes  utilizándoo como intermediario. Achegouse e dixo:

- O señor Mendes ordena eliminar ao intruso.

 

            Os demais súbditos seguiron as súas ordes sen dedicar nin un segundo a pensalo. Lorenzo, bo  axente nas tácticas de supervivencia logrou esquivalos e comezou a escapar campo a través. Acabou chegando a unha zona onde se xuntaban varias casas. Parecía ser o centro do pobo, e estaba chea de aldeáns. El quería evitar a toda costa ter que pasar por alí , pero non atopaba outra solución . Cando xa estaba farto de buscar en cada recuncho observou á súa dereita unha porta no chan  que quizais daba a un corredor subterráneo. Sería moi gratificante atravesar todo o pobo baixo terra agora que estaba no punto de mira de tódolos habitantes. Abriu a porta e baixou por unhas escaleiras. Todo estaba escuro. Parecía que se atopaba nuns pasadizos subterráneos  moi ben construídos, coas paredes de pedra natural. Pouco tardou en atopar luz. No fondo do corredor había unha porta da que se desprendía unha iluminación considerable. Entrou e alí se enfrontou  coa crúa realidade... tratábase dun laboratorio de experimentación biolóxica. A través dun cristal podía ver unha zona esterilizada cun aldeán nunha padiola inconsciente. Tamén atopou vaso, tubos... que demostraban que contiñan o virus do “Equipo G” que asolou aquela illa. Ao parecer  , nese laboratorio estiveran traballando intentando mellorar o virus. O que el non se explicaba é como o poderían ter conseguido. Ninguén de Scanvalle puido facelo,  sempre se sospeitou que habería alguén máis implicado, por iso se controlou ao máximo. Pronto esa inmensa dúbida quedaría resolta cando atopou nunha das caixas escrito “Envío do Doutor Churchill, Houston” . Colleu a carta do doutor a Mendes  que tiña ao lado e alí se explicaba detalladamente.  Cos seus razoamentos Lorenzo chegou á conclusión de que o “Equipo G” enviara unha investigación paralela cun equipo secreto nu hospital de Houston, e alí seguiron desenvolvéndoo. Pasou ás páxinas ata poder saber que en Houston desenrolaran unha nova fase do virus coñecida coo fase 2, que permite aos individuos infectados sobrevivir.

 

            Se esta información parecía interesante o máis importante atopouno noutro caderno, si,  o libro  no que non só obviamente se dicía que Ramón Méndes, actual dono do castelo, foi o comprador desta fase 2 do virus, senón que neses mesos laboratorios, os seus científicos desenrolaran unha fase 3 do virus. Lorenzo quedouse atónito e entón soubo xa o que de verdade estivera ocorrendo alí. A fase 3 non só permitía aos individuos sobrevivir , senón que os facía obedecer ordes directas dun superior. O virus incrustábase no cerebro e non permitía a ninguén pensar. Había un elemento chamado “larva nai” que unha vez inxectado nunha persoa , esta obtiña  a capacidade de controlar a todos os infectados dese mesmo brote. Os plans de Mendes eran darlles unha larva nai a cinco persoas da súa confianza e que cada un puidera controlar a un “rabaño” inicial de cen persoas que irían en aumento cando se infectaran uns a outros ata chegar a todo o mundo.  O axente non entendeu moi ben o resto de explicacións teóricas sobre temas biolóxicos , así que apresuradamente gardouse o caderno e saíu correndo.

 

             O laboratorio tiña uns cincocentos metros de lonxitude que o axente tardou bastante en percorrer, pero ao final atopou unha saída idéntica ao lugar polo que entrara. Cando abriu a pequena porta atopouse outra vez no exterior. Xa era noite. Agora Lorenzo Cordido atopábase no punto inicial do relato, nese camiño empedrado moi próximo ao castelo polo que camiñou durante uns poucos minutos ata que chegou á propia edificación. O axente non o dubidou. Sen máis dilación, entrou dentro  . O corredor principal era moi largo, e recorría de punta a punta toda a edificación. No fondo víase unha especie de amplo salón cunha gran mesa. Mentres camiñaba viu un home con túnicas medievais de costas a el. Lorenzo comezou a correr cara el ata que o inmobilizou. Deulle a volta e sacoulle a capucha . Atónito comprobou que se trataba de Lois Martín, o traficante de armas . O seu aspecto non semellaba moi bo , e a súa cara pálida denotaba sufrimento. Cunha voz moi débil , deixo unhas últimas palabras:

 

-Alégrome de non terte matado, Lorenzo. Só ti es capaz de paralo. Nin sequera eu sería capaz de pensar así. Ninguén poderá ... ninguén poderá...

 

            Martín deixou a frase incompleta  mentres estaba suxeito nos brazos de Lorenzo.

 

            De súpeto alguén completou a frase de Lois Martín:

 

-Pensar, ninguén poderá pensar. Non deixarei ninguén sen infectar, ninguén por moito que confíe nel.

 

            Tratábase de Ramón Mendes , o artífice de todo, que falaba dende un dos altos balcóns.

 

-¿ Acaso cres que lograrás escapar deste castelo con vida? Serás o meu escravo, coma todos , e iso non haberá quen o impida.

-Falas como un verdadeiro tolo

- Entenderíalo se foses capaz de gozar deste... incrible poder.

- Síntoo moito, pero hoxe, non é o teu día de sorte

 

            Acto seguido, Lorenzo disparou cara unha lámpada  , a cal golpeou primeiro a Mendes, desorientándoo e despois a unha pequena porta de madeira pola que escapou o peculiar protagonista. Estaba disposto a recorrer o castelo ata atopar a Ramón.  Subiu unhas escaleiras e  percorreu un longo corredor. Mentres o facía recibiu unha chamada ao móbil. Eran os policías que o acompañaran:

 

-Cordido, ¿onde estás? Non sabes o que nos custou atopar o teu número de teléfono, teríamos que ter traído dispositivos de radio.

 

            Lorenzo contoulles todo o que sucedera deixándolles un rostro de abraio. Foi entón cando acordaron que o recollerían na torre do castelo cun helicóptero en dez minutos.  Tiña pouco tempo para intentar deter a Mendes e escapar con vida.

 

            Despois de case oito minutos de camiño conseguiu chegar ata o estrito corredor do último piso do castelo. Mirou un intre pola ventá  e alí vía a torre , á que non sabía como raios ía  chegar.  Entón apareceu detrás súa o señor Mendes. Cando Lorenzo mirou para atrás , o helicópetro estaba recen chegando á torre:

 

-Parece que é a fin da súa viaxe, Señor Cordido.

- Dígame ¿Que pensas facer cando domines todo? ¿Impoñerlles a túa ideoloxía ou algo así?

- Estaba, pensando máis ben en diñeiro, pero iso tamén pinta ben.

- É unha pena que non me poida quedar a velo.

 

            Lourenzo Cordido Castro deu un salto , cara arriba, rompeu a ventá e  intentou saír disparado cara a torre. Nese instante Mendes agarraba unha mostra de virus da fase 3  e lla lanzaba impactándolle nas costas. Como resultado daquel magno salto Lourenzo chegou a agarrarse a unha esquina do helicóptero. Os policías  axúdano a subir. Mendes marcha satisfeito mentres o helicóptero se marcha  daquel lugar.

 

 

EPÍLOGO:

 

           

Ramón Mendes, o “presumible gobernador” da zona e actual dono do castelo atopábase esa noite naquela sala redonda esperando un agoiro que lle fixese saltar a outro mundo, buscar novas sensacións causadas pola ansia de poder. Na sala redonda , cinco home máis estaban agardando impacientes a intervención de Mendes. Tratábase dos seus cinco compatriotas que lle axudarían. Ramón ergueuse da súa cadeira  e deu uns largos pasos por toda a sala. Desexaba dicirlles a todos o que ocorrera  naqueles fulgurantes días e o que aínda estaba por suceder . A ansia de poder non o abandonaba nin un só instante , ansia que só era freada polo seu desprezo máximo cara toda a humanidade. Levantouse e dixo que lle gustaba esa  noite fría ... fría e apta para os seus plans.

 

-Compañeiros ,grazas por facer esta longa viaxe para atoparvos comigo. Reuninvos hoxe aquí para falarvos dos plans que á fin van a salvarnos das garras dos poderosos, dos máis déspotas e ambiciosos. Hoxe, por fin o mundo verá nacer un novo poder  que condenará o existente ata agora e dotará dunha nova dimensión aos nosos plans. O meu amigo, o Doutor Churchill e o seu equipo secreto nun hospital de Houston acabaran de desenrolar o parasito  definitivo, un chupa- esencias que manexa o seu hóspede...  a forma de controlar as mentes de tódolos humanos, e xa o están poñendo  en práctica aquí ,  nos pobos dos que eu son “gobernador” .

 

            As caras dos presentes tornáronse intolerantes e todos se levantaron para saír da sala indignados.

 

-Vaites, creo que xa vos advertira do que lle pasou aos meus cinco vasalos de confianza cando se negaron. Foime difícil matalos pero conseguino. E non pensei que cinco homes tan intelixentes e posicionados coma vos forades a cometer o mesmo erro. Sei de certo que agora serame máis fácil matarvos. Co meu novo súbdito, parece que xa chegou de axustar contas cos compañeiros...

 

            Foi nese momento cando entrou na sala redonda , nin máis nin menos que Lourenzo Cordido. De forma implacable asasinou aos cinco asistentes no acto. Mendes comezou a aplaudir e a falar:

 

-Bravo¡ Parece que o parasito está facendo  moi bo efecto en ti.

- Se teño que finxir estar infectado para evitar os teus plans fareino... e se teño que asasinar  a cinco mal nacidos tamén o farei- dixo xusto antes de lanzarlle unha gran xiringa a mendes.

-Pero ¿Queee? - dixo Mendes retorcéndose de dor.

- No incidente da illa RockMouth conseguín unha vacina para o virus de fase 1. Nas tres horas que tarda en actuar o virus conseguimos crear a partir dela unha vacina compatible coa fase 3. Por suposto , aparte des helicóptero chegaran case cen policías e uns trinta científicos e puidemos utilizar os teus laboratorios xa abandonados. Esa vacina é o que che acabo de inxectar. Xa sabemos que no caso da fase 3 funciona perfectamente , pero ¿que efecto crees que causará na “larva nai” ?

 

            Ramón Mendes continuou retorcéndose de dor durante un segundos ata que expulsou da súa boca a “larva nai” que se destruíu en mil pedazos. Entón, Mendes caeu ao chan morto. Coa destrución  da “larva nai” tódolos habitantes da aldea puideron volver á normalidade .

 

            Cinco meses despois celebrábanse no pobo as eleccións municipais onde escollerían ao novo alcalde, que por suposto non ía impoñer ningunha ditadura nin vivir nun castelo. Simplemente un conxunto de persoas exercían os seus dereitos por si mesmas. Entón comprenderon que eles, os aldeáns eran os que tiñan en realidade o poder.

 

 

                                                                     FIN





Inserta tu mensaje
Nombre:  
Título:  
Mensaje:
 
Icono de mensaje:











Portal Web enfocado a autores amateurs y amantes de la literatura, que desean leer o publicar sus poesías, obras de teatro, novelas, relatos, cuentos...